O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá durante as tres xornadas, de 11 a 21 horas e con entrada gratuíta, a realización da Feira do Lázaro, articulada en torno á artesanía e gastronomía, e contará con participantes de Galicia e o Norte de Portugal. Tamén no interior do pavillón se celebrará, por terceiro ano consecutivo, o concurso 'Cigarrón de Verín', aberto a alumnos de escolas de hostalería, profesionais e afeccionados. Como na anterior edición, os pratos presentados deben ser de creación propia e teñen que englobarse nunha das tres categorías existentes: prato principal, maridaxe e sobremesa. Ademais, no momento da presentación do prato, que será elaborado en show cooking -cociña en vivo, diante do público-, os concursantes deberán maridalos con viño da D.O. Monterrei. Os premios que se outorgarán aos participantes son os seguintes: “Gran Cigarrón” -na categoría de prato principal e cun valor de 600 euros, patrocinado polo Concello de Verín-, “Cigarrón Doce” -na de sobremesas, e cuxo valor ascende aos 300 euros, por AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín)- e “Denominación Origen Monterrei” -ao mellor maridaxe, dotado con 400 euros, apadriñado pola D.O. Monterrei-. As persoas interesadas en participar deberán remitir un fax (988-411900) ou correo electrónico a adl@verin.net Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ou nataliaglez@verin.net Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo , achegando a súa inscrición e receita antes do 12 de marzo, ás 14 horasAdemais, e co obxectivo de seguir promocionando o potencial gastronómico da comarca, desde a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei, en colaboración co Concello de Verín, apostouse por realizar unha ‘Exaltación do Bacallau e o Cabrito”, coa realización de menús nos restaurantes do municipio durante as tres xornadas, que inclúan estes dous produtos, por un prezo que oscila entre os 18 e 22 euros. Por outra banda, e xa no apartado lúdico, no interior do Pavillón Municipal de Deportes de Verín tamén se realizarán obradoiros infantís e de adultos e unha ludoteca para os nenos e nenas que se acerquen ata a Feira do Lázaro. Ademais, os visitantes poderán degustar no ‘Bar de Augas da Eurocidade’ a auga dos mananciais minero-medicinais da zona e se lles ofertará información sobre as actividades e iniciativas realizadas no marco da Eurocidade Chaves-Verín. Con todo, a festa de San Lázaro tamén se trasladará as rúas da localidade coa realización das seguintes actividades: - Torneo de Fútbol 7 e Pádel, na Área deportiva A Granxa. (19 de marzo, mañá e tarde).- II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade Chaves-Verín, no Club Hípico Monterrey de Queizás (19 marzo, a partir das 16 horas). Clausura concurso: Espectáculo Ecuestre a cargo de Juan Francisco Fernández Muñoz (xinete de Doma Clásica, Alta Escola e Doma Vaquera).- Feira de Cans de Caza, na Lonxa Agropecuaria (20 de marzo, de 10 a 14 horas).- Campionato de Natación das Escolas Deportivas (20 de marzo, ás 10 horas).- Demostración de Trial Xuvenil na localidade de Ábedes (20 de marzo, de 16 a 18 horas).- Torneo de Fútbol de Veteranos -Verín, Chaves e Deportivo de La Coruña- na Área deportiva A Granxa (20 de marzo, a partir das 17 horas).- I Encontro Musical Vila de Verín, con charangas e bandas de música españolas e portuguesas (20 de marzo, de 19 a 21.30 horas).- Actuación nocturna da orquestra Ledicia, na praza García Barbón (20 de marzo).- Procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial (21 de marzo, a partir das 11.30 horas). - Rally turístico e de navegación -concentración automóbiles antigos, deportivos e motos vespa- que percorrerán diferentes rúas da localidade 21 de marzo, de 11 a 14 horas). - I Encontro Musical Vila de Verín, con charangas e bandas de música españolas e portuguesas. (21 de marzo, de 12 a 14 horas).- Partido de fútbol de 3ª División: Verín-Ordes, no estadio José Arjiz (21 de marzo, ás 17.30 horas).- Actuación vespertina da orquestra Los Players, na praza García Barbón (21 de marzo).
Obradoiros e ludoteca na Feira do Lázaro Aobradoiros-e-ludoteca-na-feira-do-lazaro
Mercores 10 de Marzo de 2010 09:15
Co fin de converter a Feira do Lázaro nun evento completo con actividades destinadas para todos os públicos, o Pavillón de Deportes será o escenario, durante os días 19, 20 e 21 de marzo, da realización de obradoiros lúdicos para nenos/as e persoas maiores.
Na xornada do venres, os máis pequenos poderán participar en actividades de monicreques e marionetas, maquillaxe infantil, flores e wii. Mentres que o sábado realizaranse obradoiros de pinta, colorea e recorta, caraglobos, wii e unha sesión de contacontos e merenda infantil. E o domingo, obradoiros de chocolate, pulseiras e abelorios, maquillaxe infantil e wii. Todas as actividades terán lugar nas tres xornadas entre as 17 e 20 horas.
No caso dos adultos, o venres impartirase un obradoiro de ritmos latinos a partir das 19 horas.
Ademais os tres días, e durante o horario de apertura do recinto -de 11 a 21 horas- estará dispoñible un servizo de ludoteca para que os pais e nais poidan disfrutar da feira, mentres os/as cativos/as tamén se divirten.
In "http://www.verin.es/"
Sem comentários:
Enviar um comentário